Gañadores no concurso de debate científico Regueifiñas

Hoxe o centro está de noraboa xa que dous alumnos do Club de Ciencia, Bea e Antón foron seleccionados gañadores no concurso de debate científico Regueifiñas.
 
Este concurso é parte de Regueifas de Ciencia 2018, unha iniciativa da USC (Universidade de Santiago de Compostela) financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) e coa colaboración de Leonor Parcero&Co Comunicación Científica.
 
Regueifiñas é unha competición de debate escolar, mantendo o formato de Regueifas de Ciencia, é dicir, de tipo Oxford. O noso centro participou xunto con outros moitos centros de Galicia e unha das nosas parellas foi seleccionada.
 
Agora temos que preparar outro debate que se celebrará en Santiago o vindeiro 21 de marzo, xa vos explicaremos como poder velo en streaming.
 
Mentres tanto toca disfrutar dos premios otorgados polo xurado, unha visita guiada aos Centros de Investigación Singulares da USC, outra ao patrimonio da Universidade así como unha suscripción anual á revista Investigación y Ciencia...
Parabéns a Bea e Antón!! Estamos moy orgullosos deles!!!