5ºEP Eroski-Taller de Matemáticas

Os alumnos/ as de quinto de educación primaria, participamos un ano máis no taller que nos ofrece a empresa Eroski para traballar e aplicar as matemáticas no uso cotián dun día normal á hora de facer unha compra.
 
Decubrimos, como o que estudamos e aprendemos en clase, utilizámolo habitualmente: medidas, capacidades, sumas, ...
 
Realizamos e elaboramos por grupos unha compra dun almorzo saudable, axustándonos a un orzamento determinado, tendo en conta os prezos, as ofertas, os  decuentos,... Despois tivémolo que explicar. Iso si, pasando previamente por caixa, para ver se acertamos e aproximámonos aos nosos cálculos estimados. 
 
Unha clase diferente, práctica e divertida.