Saída didáctica ao Camping Río Xuvia. de Primaria.

O martes día 7, visitamos o Camping de Río Xuvia, o curso de 3° de primaria. 
 
Alí o pasamos xenial!!!
 
Fixemos pan, estudamos o funcionamento dun muíño de río.
 
Investigamos acerca das pegadas e os rastros da fauna galega, elaboramos marmelada de kiwi e aprendimos a traballar co coiro e... puidemos levarnos as nosas creacións para casa!