PARTICIPAMOS NA “VI GALA MINIMARKET EMPRENDE XOVE”

O pasado venres 10 de Maio os nosos alumnos e alumnas de 4º ESO participaron no Minimarket “Ferrolterra Emprende Xove” organizado pola AJE Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Trátase dun  concurso entre os estudantes de ESO, Bacherelato e FP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal con que se pretende fomentar a iniciativa emprendedora entre os máis novos.

Nesta edición participaron  14 centros da  comarca, máis de 200 estudantes con medio cento de proxectos en total. 

Alí estiveron os nosos alumnos e alumnas demostrando as súas dotes emprendedoras.

¡Unha gran experiencia para todos!

¡Felicitacións aos participantes!