Comunicado a la comunidad educativa 12 noviembre

Novembro 2020

Benqueridas familias:

 Como sabedes, unha das medidas recollidas no protocolo escolar contra a COVID-19 é a ventilación das aulas. Pouco a pouco vai chegando o frío polo que, a parte de vir abrigado, o alumnado pode traer aquelas outras prendas que precise para utilizar en clase: chaquetas, polares, etc.

Pregámosvos que, nos cursos de primaria, na medida do posíbel, estas sexan acordes ás cores do uniforme (azul mariño ou gris).

Grazas a todos pola vosa colaboración.

Un saúdo.

O Equipo Directivo