Doazón de libros para a biblioteca.

Benqueridas familias: 

Como xa fixemos o curso pasado e tendo en conta a boa acollida desta actividade, ao longo desta semana reactivaremos a campaña de doazón de libros usados para construír a árbore de Nadal da biblioteca. 

Lembrade que os exemplares, en bo estado, poden ser contos, relatos curtos, novelas e cómics, en calquera das linguas curriculares (castelán, galego, inglés e francés), e de todos os niveis educativos (Educación infantil, primaria e secundaria). O titor de cada clase encargarase da recollida dos mesmos. 

Ao comezo do seguinte trimestre, os alumnos que así o desexen poderán levar para as súas casas algún deses libros doados. As obras restantes ubicaranse para o seu uso no corredor de lectura da biblioteca. 

Agradecemos de antemán a vosa colaboración. Un saúdo 

A dirección e o equipo de biblioteca