Paz 2019

O mércores 30 de xaneiro, toda a comunidade educativa da Compañía de María, celebramos un pequeno acto para conmemorar o DENIP (Día escolar da non-violencia e da Paz).
O seu obxectivo é promover unha mensaxe de renuncia a danar aos demais seres e fomentar a acción non- violenta e respecto por nós mesmos e polos demais.
Primeiro fíxose lectura dun manifesto. Despois cociñamos unha saborosa "Receita de Paz", á que fomos engadindo, cada curso, saborosos ingredientes para facer unha receita saudable con produtos naturais e ecolóxicos: xustiza, amizade, amor, alegría, xenerosidade, solidariedade, empatía, amabilidade, respecto, liberdade, paciencia, responsabilidade e confianza.
Levamos a palabra paz en diferentes idiomas, fixemos un baile (Eu contigo, ti comigo) e finalmente... entrelazamos os nosos eslabóns con desexos de paz, formando o símbolo do infinito, (imaxen do lema deste ano, - "Comigo, contigo, en Compañía).
??? Enlace Prensa: Voz de Galicia.
PAZ!!!!!!