PARTICIPAMOS NA “VI GALA MINIMARKET EMPRENDE XOVE”
O pasado venres 10 de Maio os nosos alumnos e alumnas de 4º ESO participaron no Minimarket “Ferrolterra Emprende Xove” organizado pola AJE Ferrolterra, Eume e Ortegal.
Trátase dun concurso entre os estudantes de ESO, Bacherelato e FP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal con que se pretende fomentar a iniciativa emprendedora entre os máis novos.
Nesta edición participaron 14 centros da comarca, máis de 200 estudantes con medio cento de proxectos en total.
Alí estiveron os nosos alumnos e alumnas demostrando as súas dotes emprendedoras.
¡Unha gran experiencia para todos!
¡Felicitacións aos participantes!