Convivencia GL Ferrol (Maio19)

Os alumnos/ as de GL gozamos por fin, grazas a que o tempo nolo permitiu, dunha andaina que fixemos xunto cos nosos compañeiros de Lestonnac.
Saímos dende os nosos respectivos coles e xuntámonos no Auditorio de Ferrol, para seguir por todo o paseo marítimo, primeiro de Ferrol e despois de Narón, pasando por detrás do Mosteiro do Couto e chegando posteriormente ao parque de Xuvia, lugar final da nosa andaina.
Alí comimos, xogamos e despedímonos por grupos cunha sinxela oración que nos falaba do camiño, (xa que o roteiro que realizamos duns 12km aproximadamente, e durante unhas 3 horas, pertence ao camiño De Santiago).
Despois xa nos agardaban os buses para traernos de volta a casa, cansados, pero contentos e felices.