II certame de “Contos Históricos”

Os alumnos de 6º de Primaria participaron no II certame de “Contos Históricos”
Os gañadores dos premios literarios foron:
· “A miña historia” de Lois Viladóniga Fraguela, polo seu traballo de documentación mesturado cun punto de imaxinación creativa.
· “De loita en loita” de Martina Gómez Mori, pola súa creatividade e orixinalidade mesturando o actual co histórico.
· “Os soños de Carlos II” de Rebeca Teijeiro Álvarez, pola forma de estruturar o texto con narracións e diálogos e unha boa documentación.
Noraboa aos gañadores e grazas a todos os que participaron no certame.