Carácter Propio

Fai uns días presentamos ao noso claustro o novo lema do ano: “Escoita”, actitude humilde e sinxela de escoitar, empezando por escoitar a un mesmo aos outros e a Deus.
Tamén demos a coñecer un novo e ilusionante proxecto para desenvolver unha formación sobre o Carácter Propio dos nosos centros. Dita formación ten como obxectivos principais: afondar na nosa identidade, ser continuadores do proxecto educativo evanxelizador de Santa Xoana de Lestonnac e definir o perfil de educador Compañía de María.