Astronomía (Semana da Ciencia 5º EP)

Con motivo da Semana da Ciencia que novamente celebramos no colexio, tivemos o pracer de gozar con Paulino Garrido dunha charla sobre astronomía, que se nos quedou moi moi curta. El é Capitán da Mariña Mercante e Coordinador da sección de astronomía da SGHN. (Sociedade Galega de Historia Natural).
Aprendemos unhas cantas cousas sobre este universo que nos rodea, e moitas moi interesantes e sorprendentes.
Moitas grazas por poder contar contigo unha vez máis. Que poidamos seguir gozando da túa sabedoría astronómica que tanto nos gusta.