Estación Biolóxica da Graña (Semana da Ciencia 3ºEP)

No día de onte, o alumnado de terceiro de educación primaria realizou unha salida a Estación Biolóxica da Graña.
Esta visita está enmarcada dentro das actividades relativas a semana das ciencias que se celebra no colexio.
Na estación Biolóxica os nenos e nenas aprenderon moitas cousas e despertaron dalgún xeito o seu interese polos aspectos que investigan nese lugar.
Comprobaron de primeira man como se obteñen mostras do fondo mariño para estudiar posteriormente a riqueza biolóxica do noso entorno máis próximo.
Dende logo, foi unha visita moi enriquecedora e agradable.
¡¡¡Que viva a ciencia!!!