Comezo do curso 20-21
Benqueridas familias:
Comezamos un novo curso e desde o Equipo Directivo e o claustro de profesores estamos a elaborar e implementar todas as medidas que están nas nosas mans para proporcionar a volta ás aulas o máis segura posible, seguindo os protocolos que, até o día de hoxe, indícanos as Consellería de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia.
Sabemos que son momentos de incerteza e preocupación para toda a comunidade educativa polo que comunicarémosvos puntualmente pola plataforma Educamos e pola web todas as medidas e decisións que afectarán tanto ao inicio do curso escolar coma ao día a día do noso alumnado e das familias.
Lembrade que podedes poñervos en contacto con nós e que estamos á vosa disposición a través do correo do buzón de suxestións: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Esperamos que vos atopedes ben.
Un saúdo.
O Equipo Directivo.