Calendario

  En educación infantil, educación primaria, as actividades lectivas realizaranse do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

En educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, as actividades lectivas realizaranse do día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2021/22 serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

Días festivos.

   Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de novembro (BOE do 7 de novembro) e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da antedita consellaría.

    Considéranse  días  non   lectivos  para  efectos  académicos,  ademais  das  festas  laborais de carácter  local  publicadas  por  resolución   da  Consellaría de  Xustiza,  Interior e  Relacións Laborais, as festivi­dades correspondentes ós patróns de cada nivel de ensino:

       -A festividade de o “Día do Ensino”  o 11 de outubro de 2021

      -Días non lectivos aprobados polo claustro: pendentes.

CELEBRACIÓN DE CONMEMORACIÓNS.

  Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

– 20 de novembro de 2021: Día Universal da Infancia.

– 25 de novembro de 2021: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2020: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

– 3 de decembro de 2021: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

– 10 de decembro de 2021: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 24 de xaneiro de 2022: Día Internacional da Educación.

– 30 de xaneiro de 2022: Día Escolar da non Violencia e da Paz.

– 24 de febreiro de 2022: Día de Rosalía de Castro.

– 8 de marzo de 2022: Día Internacional da Muller.

– 15 de marzo de 2022: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 7 ao 11 de marzo de 2022: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.

– 7 de abril de 2022: Día Mundial da Saúde.

– Entre o 18 e o 22 de abril de 2022: Semana do Libro.

– 2 de maio de 2022: Día Internacional contra o Acoso Escolar.

– 9 de maio de 2022: Día de Europa.

– Do 16 ao 20 de maio de 2022: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño de 2022: Día Mundial do Medio Ambiente.

Estas datas son lectivas para todos os efectos.

FESTAS DA COMPAÑÍA DE MARÍA:

  Nena María (20 de novembro)  e Santa Xoana de Lestonnac (15 de maio)