Uniforme
Este curso escolar cambiamos o uniforme; se ben o alumnado poderá seguir usando o uniforme anterior durante os cursos 2017-18 e 2018-19.
A adquisición do novo uniforme poderá efectuarse por dúas canles:
· No Corte Inglés-Supercor.
· A través da páxina web www.montytienda.es
Neste caso, deberedes seguir as seguintes instrucións:
1. Darvos de alta como novo usuario e cubrir os datos que vos solicitan. O último dato (identificador colectivo) é o código do noso colexio “juana0616-Fer”
2. Acceder ao catálogo de produtos e mercar o que precisedes. O mandilón só é obrigatorio ata 4.º de Educación Primaria.
3. Ao facer o pago teredes dúas opcións de transporte:
a. Para recibir no voso domicilio en 24/48 horas abonando os gastos.
b. Para recibir no colexio nun prazo de 15 días de xeito gratuíto.
Poderedes contactar co centro para aclarar calquera dúbida que teñades.
![]() |
![]() |